martes, 7 de xuño de 2016

CONTOS PARA REFLEXIONAR

A continuación propómosvos unha serie de contos para que reflexionedes:

" Ni más ni menos"

Un conto que lle explica aos nenos e nenas a discapacidade, pertencente á colección "Cuadernos de Educación en Valores" do Instituto da Muller e do Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE).


Neste conto, o tema da discapacidade é tratado mediante a experiencia dun neno de 8 anos, Guillerme, que no colexio xoñece a nenos e nenas moi distintos cos que pode xogar e charlar e, ademais pode aprender de cada un algo diferente segundo as súas capacidades.

"Cuentos para la integración"


Son oito contos para sensibilizar aos nenos e nenas:
-"Nacho Pista Tenista". A espiña bífida contada por Nacho.
- "Aitor Aviador". Aitor ten déficit de atención e hiperactividade.
- "Rosalía la Espía". A xordeira de Rosalía.
- "Amador Actor". A parálise cerebral de Aitor.
- "Aurora locutora". A cegueira, a imaxinación e Aurora.
- "Silvina Bailarina". O síndorme de Down e Silvina.
- "Super Char". Super Char o heroe que defende ás persoas con discapacidade.
- "Andrea Down". Andrea unha mirada de felicidade ao síndrome de Down.

"Cuentos para sentir. Todos somos diferentes". Almudena Taboada. Ed. SM

Trátase dunha colección de SM de 8 contos que se converten en “magníficas ferramentas para educar as emocións e comprender o noso mundo interior, á vez que permiten adentrarnos na vida de outros, observando o mundo e as miles de vivencias que neles se plasman”:

- "Cirilo el cocodrilo".
- "El grillo Benito".                
- "El canguro Arturo".
- "Sofía, la golondrina".
- "Lola la loba". Un conto sobre a discapacidade física.
- "Urso, el osezno". Un conto sobre a hiperactividade.
- "La tortuga Marián".
- "Bambú, el Koala". Un conto sobre o autismo.

xoves, 2 de xuño de 2016

CUERDAS

Querémosvos recomendar que vexades a seguinte curtametraxe. O seu título é "Cuerdas"de Pedro Solís.
"Cuerdas" foi gañadora do   Goya®  2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación español".
No cole xa a visionamos e impactou moito. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Remitímosvos á páxina oficial onde explica como naceu, entre outras cousas.

http://cuerdasshort.com/



mércores, 1 de xuño de 2016

Quéresnos coñecer un pouquiño mellor?


Na hora de ler, os rapaces e rapazas  do grupo de 6º de Primaria, van rotando cada día para lle ler un conto á súa compañeira Noelia.


                                                  

Nas clases de Psicomotricidade divertímonos moito. Todos disfrutamos da compaña de todos. Axudándonos uns aos outros facemos que a integración sexa posible.


A hora do recreo é un momento de lecer.  A todos nos gusta pasalo ben,  e moito máis se é en compañía.



As novas tecnoloxías son unhas ferramentas imprescindibles na nosa Aula. 




As alumnas adquirindo  novos conceptos a través da pizarra dixital.