martes, 7 de xuño de 2016

CONTOS PARA REFLEXIONAR

A continuación propómosvos unha serie de contos para que reflexionedes:

" Ni más ni menos"

Un conto que lle explica aos nenos e nenas a discapacidade, pertencente á colección "Cuadernos de Educación en Valores" do Instituto da Muller e do Centro de Investigación e Documentación Educativa (CIDE).


Neste conto, o tema da discapacidade é tratado mediante a experiencia dun neno de 8 anos, Guillerme, que no colexio xoñece a nenos e nenas moi distintos cos que pode xogar e charlar e, ademais pode aprender de cada un algo diferente segundo as súas capacidades.

"Cuentos para la integración"


Son oito contos para sensibilizar aos nenos e nenas:
-"Nacho Pista Tenista". A espiña bífida contada por Nacho.
- "Aitor Aviador". Aitor ten déficit de atención e hiperactividade.
- "Rosalía la Espía". A xordeira de Rosalía.
- "Amador Actor". A parálise cerebral de Aitor.
- "Aurora locutora". A cegueira, a imaxinación e Aurora.
- "Silvina Bailarina". O síndorme de Down e Silvina.
- "Super Char". Super Char o heroe que defende ás persoas con discapacidade.
- "Andrea Down". Andrea unha mirada de felicidade ao síndrome de Down.

"Cuentos para sentir. Todos somos diferentes". Almudena Taboada. Ed. SM

Trátase dunha colección de SM de 8 contos que se converten en “magníficas ferramentas para educar as emocións e comprender o noso mundo interior, á vez que permiten adentrarnos na vida de outros, observando o mundo e as miles de vivencias que neles se plasman”:

- "Cirilo el cocodrilo".
- "El grillo Benito".                
- "El canguro Arturo".
- "Sofía, la golondrina".
- "Lola la loba". Un conto sobre a discapacidade física.
- "Urso, el osezno". Un conto sobre a hiperactividade.
- "La tortuga Marián".
- "Bambú, el Koala". Un conto sobre o autismo.

xoves, 2 de xuño de 2016

CUERDAS

Querémosvos recomendar que vexades a seguinte curtametraxe. O seu título é "Cuerdas"de Pedro Solís.
"Cuerdas" foi gañadora do   Goya®  2014 na categoría de "Mellor curtametraxe de animación español".
No cole xa a visionamos e impactou moito. Esperamos que vos guste tanto como a nós.
Remitímosvos á páxina oficial onde explica como naceu, entre outras cousas.

http://cuerdasshort.com/



mércores, 1 de xuño de 2016

Quéresnos coñecer un pouquiño mellor?


Na hora de ler, os rapaces e rapazas  do grupo de 6º de Primaria, van rotando cada día para lle ler un conto á súa compañeira Noelia.


                                                  

Nas clases de Psicomotricidade divertímonos moito. Todos disfrutamos da compaña de todos. Axudándonos uns aos outros facemos que a integración sexa posible.


A hora do recreo é un momento de lecer.  A todos nos gusta pasalo ben,  e moito máis se é en compañía.



As novas tecnoloxías son unhas ferramentas imprescindibles na nosa Aula. 




As alumnas adquirindo  novos conceptos a través da pizarra dixital.

sábado, 28 de maio de 2016

DÍA INTERNACIONAL DAS PERSOAS CON DISCAPACIDADE

O noso desexo era que todo o mundo se puxese no lugar daquelas persoas que teñen algún tipo de discapacidade e, para iso, fixemos que o Día Internacional das Persoas con Discapacidade fose un día especial para todos no noso centro. Os días previos fixemos diversas actividades de sensibilización nas que participamos tod@s : explicacións, visionado de videos, charlas...
 
C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely Gallery by Slidely Photo Gallery


E cando chegou ese día...



C.E.I..P CASTRELO DO VAL CASTRELO DO VAL de Slidely by Slidely Slideshow

...puxémonos no lugar daquelas persoas que non poden ver, daquelas que non poden falar, daquelas que non poden escoitar, daquelas que non poden camiñar, daquelas que non poden empregar as súas mans... pero, tamén daquelas que axudan aos demais.

Benvidos e benvidas!

Ímosvos presentar como facemos posible día a día a Inclusión ou Integración do alumnado con necesidades educativas especiais no noso centro. A nós gustaríanos que sempre fose Inclusión pero,
por diferentes circunstancias, moitas veces non é posible.

Para que o poidades entender amosámosvos unha imaxe que vos vai facer velo un pouquiño mellor.